Archive for Maio, 2009

a carral!

nunha hora e pouco entréganlle a eli o seu premio de poesía concello de carral. así que temos a casa toda revolucionada, vestindo ananos e poñéndoos guapos para a ocasión. eu estou encantado de voltar a carral varios anos despois de recibir eu mesmo ese premio. e todos estamos moi orgullosos da nosa eli.

inauguración

hoxe inauguro este escaparate. aquí darei novas do que ando a facer, compartirei comentarios sobre cuestións diversas relacionadas co meu propio traballo e agardarei comentarios de quen queira facelos. durante unha tempada estíveno facendo no meu blog «en construción«. agora, deixo ese espazo para dedicalo especificamente a proxectos de escrita na rede cando decida enfrontalos [...]

Olark Livehelp