Archive for Decembro, 2009

no blog de galaxia

a columna de opinión desta semana no blog de editorial galaxia é da miña autoría. deixo constancia, brevemente, dalgunhas cousas que ando pensando sobre o frecuente (e trillado xa) tema dos libros electrónicos e agradezo dende aquí o convite de galaxia.

pasada a romaría…

con algo de demora, deixo aquí unhas poucas fotos da entrega do premio «illas sisargas», en malpica. para comezar, o señor alcalde: a continuación veu, a presentación dos libros gañadores da edición anterior. paco souto co seu alentar na túa rosa: e emma pedreira presentando o libro gañador, xoguetes póstumos: por fin, a lectura de [...]

manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en internet

prometín unhas fotos da entrega do premio «illas sisargas» pero hoxe pareceume máis urxente este post: apoio firmemente o manifesto e toda canta iniciativa cidadá propicie a defensa do libre uso da rede para a difusión de cultura. manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en internet estás de acordo? reproduce o manifesto no teu blog!

Olark Livehelp