Archive for Novembro, 2010

composición tema «la vaca»

así enunciábase o exercicio cando estaba eu na primaria (alá lonxe no tempo e na distancia). e, afinal, ten moito que ver cunha actividade que me tocou, nos últimos anos (e non tan últimos) desenvolver algunhas veces. onte, conversando con yolanda castaño, que veu convidada ao obradoiro que coordino en fene, volveume o tema e [...]

pel con pel en moaña

o sábado pasado estiven en moaña na presentación de pel con pel. hai dous detalles que fan que estas presentacións sexan ben diferentes ás de sempre: unha é que se fan en horas de sol e a outra é que o público está composto por pais, nais e moitos nenos pequenos. da vez pasada, en [...]

presentación de rúa da cancela

no marco da cea das letras que organiza cada ano en malpica o concello e mais a asociación caldeirón, terá lugar este sábado á noite a entrega do premio de poesía erótica illas sisargas e a presentación do libro rúa da cancela co que eli ríos e mais eu gañamos o premio o ano pasado. [...]

o parallé para maría rosendo

o venres pasado asistín á reunión do xurado do premio nacional de poesía xosemaría pérez parallé deste ano. este ano integrárono pedro casteleiro (gratísimo reencontro), antía otero (sempre compañeira) e ramón neto (o gañador do ano pasado, un tipo estupendo). conformar o xurado dun premio non é doado. dá moita rompedura de cabeza. e é [...]

Olark Livehelp