“vellas” fotos

en poucos días estarei por aquí contándovos dun proxecto visual no que me embarcaron uns amigos e que inauguraremos en ourense o 3 de decembro.
e, como ía querer colgar aquí algunhas imaxes do asunto, inaugurei unha nova sección da páxina que se chama “etc” na que pretendo deixar constancia de artefactos diversos que vaia producindo.
a modo de inauguración do local (e non foi sen tempo) colguei unhas cantas das imaxes que conformaban a exposición “os veos da paisaxe”.
a maioría das fotografías desta exposición forman parte das que ilustraban os diferentes exemplares da edición que fixo antonio piñeiro para bourel en 2009.
con motivo da publicación do libro, fixemos esta exposición na que, ademais, tiven ocasión de compartir sala cos carteis do meu amigo igor lugris.