armando requeixo escrebe sobre “rúa da cancela”

armando requeixo publica en criticalia a súa lectura de rúa da cancela.

“unha viaxe iniciática de (auto)rrecoñecemento a través do Eros, nun diálogo a dúas bandas onde os textos de prosa poética alternan con poemas de verso curto e abrupto”

(…)

“Rúa da cancela (…) explora a densidade da pel, o fascinio das pulsións entre os rochedos marítimos e o amor que, superada a barreira do galanteo tabernario, remata derramándose en fluídos nas persianas do mencer”

(…)

“poemas fotograma, telegrafía sensual e sexual, escrita arpada con arestas que seccionan os períodos con katanas rítmicas inapelables”

 

“rúa da cancela” en vigo

caldeirón en vigo

 

este venres ás 20.00 en librouro (vigo) participarei dun novo recital-presentación dos libros de caldeirón.

será para presentar os libros todos desta colección de poesía erótica na que se publican as obras gañadoras do certame de poesía erótica illas sisargas que convoca anualmente a a.c. caldeirón e o concello de malpica.

compartirei mesa con recital antonio garcía teijeiro (gañador da 1ª edición do premio) e maría lado (a gañadora de 2010 que acaba de ver publicado o seu libro amantes).

a ver se nos vemos por aí.

pasada a romaría…

con algo de demora, deixo aquí unhas poucas fotos da entrega do premio “illas sisargas”, en malpica.
para comezar, o señor alcalde:
alcalde
a continuación veu, a presentación dos libros gañadores da edición anterior. paco souto co seu alentar na túa rosa:
ps
e emma pedreira presentando o libro gañador, xoguetes póstumos:
ep
por fin, a lectura de rúa da cancela que fixemos, como debe ser, a dúas voces.
ee_er.
podedes escoitar uns poemas esta semana no diario cultural.
para que o ano que queda antes da saída do libro non se faga moi longo.

premio a catro mans

recibo a nosisargasdendeseirugava de que o xurado do premio illas sisargas de poesía erótica deste ano (integrado por antón noceda, técnico de cultura de malpica, emma pedreira e paco souto, gañadora e finalista do ano pasado) decidiu outorgar o premio deste ano a rúa da cancela, un libro que escribín a catro mans con eli ríos.

e xa podedes imaxinar como andamos de encantados.

a entrega do premio é nunha cea que terá lugar hoxe ás 22:30 en casa arpón, unha casa rural situada no termo municipal de malpica. alí tamén se presentarán os libros de emma (Xoguetes póstumos) e de paco (Alentar na túa Rosa).

prometo fotos para o domingo!

(esta, coas sisargas ao fondo dende a praia de seiruga fíxoa eli cando estivemos por aló este verán.)