Archive for the 'actualidade' category

orgullos@s do galego

manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en internet

prometín unhas fotos da entrega do premio «illas sisargas» pero hoxe pareceume máis urxente este post: apoio firmemente o manifesto e toda canta iniciativa cidadá propicie a defensa do libre uso da rede para a difusión de cultura. manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en internet estás de acordo? reproduce o manifesto no teu blog!

de actualidade

na nova de vieiros que daba conta da substitución de xurxo souto en «aberto por reformas» por xusto lópez carril aparecían moitos comentarios dos lectores laiándose polo asunto. algún preguntábase «quen votou a estes tipos?». pregúntome eu: a culpa será dos que votaron o pp? ou dos que non foron votar porque «son todos iguais»? [...]

a carral!

nunha hora e pouco entréganlle a eli o seu premio de poesía concello de carral. así que temos a casa toda revolucionada, vestindo ananos e poñéndoos guapos para a ocasión. eu estou encantado de voltar a carral varios anos despois de recibir eu mesmo ese premio. e todos estamos moi orgullosos da nosa eli.

inauguración

hoxe inauguro este escaparate. aquí darei novas do que ando a facer, compartirei comentarios sobre cuestións diversas relacionadas co meu propio traballo e agardarei comentarios de quen queira facelos. durante unha tempada estíveno facendo no meu blog «en construción«. agora, deixo ese espazo para dedicalo especificamente a proxectos de escrita na rede cando decida enfrontalos [...]

Olark Livehelp