Archive for the 'publicacións' category

a cidade na poesía galega do século xxi

publícase en toxosoutos unha escolma de poesía galega actual coa cidade como fío condutor. inclúe un poema meu, a carón doutros 60 autores. o volume, titulado a cidade na poesía galega do século xxi corre ao coidado de gonzalo vázquez e xa me tarda telo nas mans!

«ellis island» de georges perec

antes de rematar o ano tiven nas miñas mans un exemplar de ellis island, de georges perec, editado en galego por franouren. son lector devoto de perec desde que, hai xa uns cantos anos, caeu nas miñas mans un exemplar de la vie, mode d’emploi na edición de compactos anagrama. encantoume tamén el gabinete de [...]

en italiano

veño de recibir notificación de que un poema de construcións foi publicado en italiano no sitio bibliomanie.it. a tradución é de roberto righi, un grande amigo ao que admiro e co que temos pasado boas horas dándolle volta ás cousas da lingua e das linguas. existen algunhas pequenas diferencias entre o texto publicado en italiano [...]

pel con pel en moaña

o sábado pasado estiven en moaña na presentación de pel con pel. hai dous detalles que fan que estas presentacións sexan ben diferentes ás de sempre: unha é que se fan en horas de sol e a outra é que o público está composto por pais, nais e moitos nenos pequenos. da vez pasada, en [...]

pel con pel

chégame esta foto da presentación de pel con pel hai uns días en compostela, no centro sociocultural das fontiñas.

blooks

eu escribira un blook e non o sabía…

adianto de rúa da cancela

acabo de subir un adianto de rúa da cancela, o libro escrito en colaboración con eli ríos que obtivo o IV premio de poesía erótica illas sisargas. o libro sairá a finais de ano pero, para ir abrindo boca, deixo os primeiros poemas aquí.

no blog de galaxia

a columna de opinión desta semana no blog de editorial galaxia é da miña autoría. deixo constancia, brevemente, dalgunhas cousas que ando pensando sobre o frecuente (e trillado xa) tema dos libros electrónicos e agradezo dende aquí o convite de galaxia.

microrrelatos en obras

a xente do clube de lectura do ies moncho valcárce das pontes ten un blog onde manteñen diversa información sobre as cousas que fan. no blog hai unha sección «microrrelatos«. a idea é ofertar pequenas lecturas para que se poidan facer directamente no blog, a maiores doutras que se fan en libros e no blog [...]

Olark Livehelp