Archive for the 'Sen clasificar' category

chau flaco

para conxurar a tristeza, a música de luis alberto spinetta

unha dorna de pedra

hai tempo enviei un texto para o próximo número da revista dorna que edita, segundo di a wikipedia, a «cátedra de filoloxía galega» da universidade de santiago de compostela. a boa xente do consello de redacción, amigos algúns deles, pasan todos os anos o seu traballiño facendo campaña para recadar colaboracións para cada número da [...]

café

antonte tiven nas miñas mans (fugazmente) un exemplar deste libro que vén de saír do prelo e, segundo me comentan, xa está nas librarías (ou, cando menos, en couceiro). a autora é anabel alonso, activísima bibliotecaria municipal nas pontes de garcía rodríguez. participou (os lectores dirán se con ou sen proveito, eu voto por «con» [...]

maría do cebreiro. limiar de rúa da cancela

acabo de engadir na páxina correspondente o limiar que fixo maría do cebreiro para rúa da cancela. agradecido estou pola lectura tan fina que fixo maría do libro.

adeus, maría elena walsh

unha pedra na memoria de maría elena walsh. unha pedra que nos faga tropezar para non esquecernos nunca de que andamos.

composición tema «la vaca»

así enunciábase o exercicio cando estaba eu na primaria (alá lonxe no tempo e na distancia). e, afinal, ten moito que ver cunha actividade que me tocou, nos últimos anos (e non tan últimos) desenvolver algunhas veces. onte, conversando con yolanda castaño, que veu convidada ao obradoiro que coordino en fene, volveume o tema e [...]

presentación de rúa da cancela

no marco da cea das letras que organiza cada ano en malpica o concello e mais a asociación caldeirón, terá lugar este sábado á noite a entrega do premio de poesía erótica illas sisargas e a presentación do libro rúa da cancela co que eli ríos e mais eu gañamos o premio o ano pasado. [...]

o parallé para maría rosendo

o venres pasado asistín á reunión do xurado do premio nacional de poesía xosemaría pérez parallé deste ano. este ano integrárono pedro casteleiro (gratísimo reencontro), antía otero (sempre compañeira) e ramón neto (o gañador do ano pasado, un tipo estupendo). conformar o xurado dun premio non é doado. dá moita rompedura de cabeza. e é [...]

o meu poema en pel con pel

tiven este soño     ánimo un esforciño achégate sinte o recendo abre a boca onde o límite entre a vontade e o instinto? colle o bico e zuga con forza como se che fose a vida niso     a escena está disposta butaca branca a lámpada tenue deseña nas paredes unha cor morna [...]

correa corredoira

emocionoume esta noite no de carmen xabier correa corredoira lendo este poema adicado á súa filla e que pecha o seu libro os días adiados (espiral maior, 2009) Io, tan marabillado quedei da túa nacenza no lucífero raiar daquel outono, tanto, que desistín destes versos ata hoxe. A mar devalara na lúa chea. Saíches do [...]

Olark Livehelp