Archive for the 'Sen clasificar' category

en polaco

polaco polaco, o de polonia. aquí está a explicación da circunstancia, da man do meu amigo robby righi: Nell’ambito del progetto europeo Multipoetry è stato organizzato a Cracovia, in Polonia, un evento dedicato alla valorizzazione e divulgazione della poesia. Per questo la sera del 17 settembre si sono riuniti poeti di Italia, Spagna, Francia, Grecia, Germania [...]

en inglés

tres poemas de construcións veñen de aparecer traducidos ao inglés en 3:am magazine. aquí vos deixo o link http://www.3ammagazine.com/3am/three-poems-eduardo-estevez/ o meu agradecemento a steve porter, o tradutor.

dicotomía

estou dando os primeiros pasos nun novo proxecto literario. non sei se dará nun libro ao uso ou nun produto de formato diferente. de primeiras, dá a sensación de que o libro tradicional en papel podería albergar o resultado (se a cousa segue por onde semella que vai) pero tamén que implicaría algunhas dificultades que [...]

marienplatz

hoxe toda a familia se traslada novamente a carral para a presentación de nós escoitando o badalo de marienplatz, o libro de eli que gañou o ano pasado o premio de poesía concello de carral e que é o primeiro seu que ve luz pública. ademais, acompañaremos ao amigo miro villar que resultou gañador da [...]

no paralelo 43º 21′ 45»

o sábado pasado participei da sesión poética organizada polo colectivo arTeu dentro do ciclo paralelo 43º 21′ 45». interesante e motivador o encontro con tantos autores da cidade. e cos seus músicos. foi no mercado das conchiñas da coruña. aquí, unha foto. se tendes conta en facebook, podedes ver máis aquí. o meu agradecemento a [...]

lúa gris

a miña amiga sara agasalloume este deseño do meu poema dos gatos (o penúltimo nesta páxina):

eMULTIpoetry

convidáronme a participar neste proxecto que me parece atractivo. de partida, interésame o intercambio que se pode facer alí con poetas noutras linguas europeas. polo que sei, a xente que leva a sección en español están especialmente interesados na participación de escritores en galego, catalán e euskera. estaba pensando en propoñer unha sección especial para [...]

feira da poesía da coruña

o sábado pasado convidáronme a participar na I feira da poesía da coruña. déixovos aquí unha foto do meu posto e mais unha ligazón á web da aelg onde se pode ver algo do que fixemos. foi unha experiencia moi divertida. non todos os días ten un oportunidade de compartir un tempo cos lectores e [...]

Olark Livehelp