os veos da paisaxe
santiago de compostela (galiza), retagarda edicións, 2000
isbn: 978-84-931647-0-6
os veos da paisaxe (retagarda edicións)

 

 
Todo paisaje es un velo
eduardo mileo

 

a mañá

 

son tempos
de pensar a ausencia

de gardarmos
nun caixón as bágoas


son tempos de ollar a chuvia
a través dos cristais


embazada a memoria

 

null

 

botar as redes
cubrirnos de vento


hai un país de catedrais

homes en silencio

longos camiños cara ao mar

 

null

 

a paisaxe ocúltase
tras dunha vaga néboa


a paisaxe ten sete veos
e no fundo
núa
aniña a memoria

 

null

 

mira os barcos no peirao

como se xuntan
e se afastan coas ondas
mira as gaivotas
a se acochar unhas
contra as outras


os pescadores
co ollar detido
no horizonte

 

null

 

ondea a roupa no tendal

recebe outra vez o orballo

 

null

 

cos primeiros merlos
acordan os cans


os homes
miañan ó sol
húmido do mencer

 

null

 

a auga que baixa
das montañas
corre polas rúas baleiras


nas casas só quedan
sombras
algún ancián
que xa esqueceu o calendario

 

null

 

son tempos
de pensar a ausencia

 

null

 

o home vello á sombra
da aciñeira
conta as cabras
e dálles nome


a vella muller na cociña
nomea os paxaros
os días e as dores

 

null

 

a campá non ten badalo

só o gorgolexo
das pombas toca a misa
ou a defunto

 

null

 

neste muro hai os prantos
de amor de moitas mozas
e homes vellos
e deuses

 

null

 

nos balcóns xa non quedan
xasmíns nin cravos nin rosas


morreron coa xiada
o último inverno

 

null

 

conta cada un
dos seus cabelos


coñece cada liña
cada movemento


cando ergue o sol
e orballa nos rosais do patio
fíos de la acomoda en certos
e determinados lugares


elena
atada nos espellos
peitéase
todo o día

 

null

 

o mediodía

 

as cociñas
cheiran a ourego


os manteis vermellos
o vapor das cazolas


o golpe das culleres
co ferro en cada remexida


os risos entre os muros

paxaros engaiolados

 

null

 

na mesa
unha cesta con froitas de louza
e teas de araña

 

null

 

fumegan os pratos

falan alto as mulleres na praza

por un momento
a paisaxe non ten veos

 

null

 

a follasca
con dozura portas e fiestras


logo pérdese

non hai
ninguén para escoitala

 

null

 

na cociña unha avoa
remexendo no caldeiro


no cuarto unha curmá de
quince anos
deitada co seu mozo
ás escondidas

 

null

 

a tarde

 

as horas son máis lentas
á sombra do limoeiro

 

null

 

e cando chove séntense
as gotas no tellado nas
pólas secas o pranto
nas paredes balorentas

 

null

 

os balcóns
énchense de flores co verán

unha moza corta o seu orballo

pono no xerro da sala
xunto á foto do pai morto

 

null

 

no patio
unha vella figueira de pólas longas
cobertas de ouricelas

os soños
confúndense a esta hora
na follaxe

 

null

 

as árbores da infancia
inclínanse sobre o alxibe


buscan a súa imaxe reflectida
no espello de auga

 

null

 

esta terra perténceme
terra branca de séculos e cinza


acóugame esta terra
estas árbores de mans abertas

 

null

 

hai unha carballeira gris

un río nalgures que murmura

paxaros
néboa


recantos desta terra prometida

 

null

 

chega do río
o canto das lavandeiras

 

null

 

no pomar o vento procura
a idade nas follas
o silencio nas cortizas

 

null

 

tras destes muros
unha moza esperou


todo o día

os días seguintes

o home que a levase lonxe
a algunha nova terra
e máxica
vestida de branco e
cun ramo de lirios nas mans

 

null

 

atoparasme no camiño
preto da última árbore


a derradeira

 

null

 

pérdese
a follasca
vaise espallando
cara ó horizonte


que é como dicir

cara a ningures

 

null

 

na fiestra os últimos
efémeros fíos do sol
nas pólas máis altas

 

null

 

cando é tarde só quedan
pedras e poeira no camiño

 

null

 

a noite

 

unha bandada emigra da paisaxe

 

null

 

en leitos de ferro

tras as cortinas
as rapazas agachan
os seus soños prohibidos


presos entre as sabas

 

null

 

os farois
arrandean co vento e no campanario
o moucho vixía
as casas silenciosas


espantallo

mantén afastadas as lembranzas

 

null

 

polas casas
a silueta dunha muller


sobre a paisaxe feminina
debrúzase a noite

 

null

 

a terra ten cansazo de auga
nas fendeduras


nos ritos do verán
o plenilunio

 

null

 

silencio
esta noite está pechada para os grilos

 

null

 

acender
unha candea a santo antón
e máis outra á macarena
para que nos libren de todo mal
de todo medo

 

null

 

a paisaxe prega en silencio
pide perdón
antes de quitar o último veo

 

null

 

epílogo para o insomnio

 

nesta lingua sen nome
sen bandeira
acougan os meus ósos
do frío e da distancia


nesta terra anterga

téñoo dito

descansan os meus ósos
apátridas e silentes

Olark Livehelp